Espazo de aprendizaxe libre, activa e vivencial
A partir do curso 2019-20, despois de constatar similitudes na filosofía pedagóxica, Aléia pecha o seu espazo en Miño para formar parte de Pangea Active School. Deixamos, con todo, a descrición íntegra que tiñamos en Ludus:
Aléia é un espazo libre, activo, vivencial e non directivo no que se reúnen a diario nenas e nenos para satisfaceren as súas inquedanzas innatas por descobrer o mundo. O xogo libre e a experimentación son as ferramentas que utilizan para aprender. En Aléia conviven nenos e nenas de diferentes idades, xogan, inventan, imaxinan e medran nun ambiente de consideración mútua e sen violencias. Un espazo relaxado no que os diferentes ritmos, intereses e etapas de desenvolvimento son respectados. Un espazo no que son auténticos protagonistas da súa aprendizaxe, porque somos conscientes de que a única aprendizaxe significativa é a que procede da nosa experimentación e das nosas vivencias. Como adultas, ofrecemos acompañamento emocional, amor incondicional e a presencia necesaria sen interferir na autonomía das pequenas. Ademais, establecemos os límites que permiten crear un ambiente familiar e relaxado no que cada crianza se pode desenvolver de forma plena, ao seu ritmo e segundo os seus intereses.
Contamos cun lugar privilexiado entre a terra e o mar, en plena Rede Natura 2000, con saída directa á praia. O espazo está coidadosamente dividido en ambientes (psicomotricidade, simbólico, construccións, manipulativos, expresión plástica e artística...) e conta cunha diversidade de materiais que se van renovando pouco a pouco. Baseamos o noso facer nas teorías e experiencias de Rebeca Wild, María Montessori, Emmi Pikler, Elfriede Hengstenberg e Jean Piaget.
Ademáis do espacio de convivencia e aprendizaxe infantil, temos grupo de estudos pedagóxicos e organizamos actividades de formación para adultas relacionadas coa crianza respectuosa e a pedagoxía activa. Contamos tamén con encontros de bebés (0-3) nun espazo preparado con material Pikler, de periodicidade semanal.
¿Montessori?, ¿Waldorf?, ¿Educación libre?, ¿Reggio Emilia?, ¿Freinet? Descubre las diferencias en Otra educación ya es posible