TERTULIA CONMEMORATIVA DO DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O día 2 de abril foi declarado pola ONU Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Con ese motivo, o día 8 de abril celebraremos dúas tertulias: unha con 1º e 2º da ESO ás 15:25 da tarde e outra con 3º e 4º ás 13:55. O texto da tertulia é unha escolma de fragmentos do libro de Naoki Higashida "A razón pola que salto". Coma sempre a actividade está aberta a toda a comunidade educativa. Achegamos o texto da tertulia.

CELEBRANDO O DÍA DA AUGA

 

O alumnado de 6 de E.I. estivo, durante o 2 trimestre, investigando sobre a auga ( elemento natural imprescindible na vida das persoas).

Durante o proxecto realizaron:

_ Saída polos arredores do colexio para complementar os contidos abordados. Visitaron unha fonte, un rego e un lavadoiro onde poideron lavar unha peza de roupa. Levaron á práctica os coñecementos que  lles contaron as avoas, no encontro que tiveron con elas na súa aula, sobre o traballo de lavar a roupa nos seus tempos.

_Redactaron unha noticia sobre a auga na súa contorna, na semana da prensa.

_Como  peche do proxecto e para celebrar o día da poesía e da auga, realizaron a actividade do "Apadriñamento lector", onde escoitaron  da voz do alumnado de 5 de E. P., poemas de diversos autores que estaban relacionados coa auga.

ENGLISH/ TIC PROJECT: MY HOUSE

O alumnado de 1° de ESO realizou este proxecto durante o segundo trimestre.Esta actividade secuenciouse  en distintas etapas  donde traballaron o léxico da unidade, writing, speaking e as TIC ó manexar unha ferramenta de creación de códigos QR donde cada alumna e alumno grabou un audio facendo un tour dunha parte da súa casa para que calquera poda escoitalo ó escanealo.

Segue a ser unha actividade que atrae e motiva ó alumnado e que provoca  sempre a curiosidade dos mais pequeniños.

Bo traballo!!

Good job!!

LECTURA EN FAMILIA: BAMBI

Esta semana, retomamos a lectura en familias na aula de 4 anos. Nesta ocasión veu Esther, a mamá de Leire a ler o conto titulado, Bambi.

CONSUMIDORES RESPONSABLES: A PATRULLA VERDE

 

O equipo "A patrulla verde", formado polo alumnado de 6 de E.I.estivo, durante o 2 trimestre, investigando os medios que están ao seu alcance para coidar o planeta e tamén a súa contorna:reducindo resíduos, reciclando e reutilizando.

 

Para sensibilizar ao resto da comunidade educativa e a veciñanza da necesidade de coidar da contorna, deseñaron unha pancarta que presentaron no desfile do entroido e agora colocaron no recinto escolar.

Distribuir contenido