Vacantes

 

A continuación detállanse as vacantes para as escolas do CRA para o vindeiro curso 2024-2025:

ESCOLAS

VACANTES

CHAIN

 0+2 NEAE

COUSO

8

GUILLUFE

PEITIEIROS A

PEITIEIROS B

VILAZA

 2

TOTAL

 30

Referencias normativas

Toda a información sobre o período de admisión e matrícula está recollida nas seguintes referencias normativas:

REFERENCIAS NORMATIVAS

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 Por outra parte, poderedes consultar información na aplicación admisionalumnado relativa á:

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.

 

 

Calendario

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

PUBLICACIÓN DE VACANTES

ANTES DO 1 DE MARZO

Publicación na web e no taboleiro interno do centro

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE PRAZA 

DO 1 AO 20 DE MARZO

-Telematicamente mediante da aplicación admisionalumnado, onde está recollidas as instrucións para cubrila.

  

-Cubrindo o formulario autoeditable e entregándoo na sede do CRA (pedir cita previa). Este tamén pode ser descargado e cuberto a man.  

Documentación a achegar:

-Modelo ED550B

-Anexo II bis

e documentación solicitada polo centro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDASE NON ADMITIDAS

25 DE ABRIL

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

Reclamación (5 días hábiles)

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDASE NON ADMITIDAS

15 DE MAIO

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

(expostas ata comezo do curso seguinte)

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Presentación da documentación no centro (con cita previa): ANEXO III-1 e documentación solicitada polo centro.

*De acordo á Orde do 21 de outubro de 2022, a admisión e a matriculación nun centro docente público implicarán respectar o proxecto educativo

 

Distribuir contido