A GALIÑA DE MOS VAI Á ESCOLA

A galiña de mos vai á escola! de Elena Pérez López

O mes de abril foi máxico para o alumnado do noso centro! Que pode haber máis emocionante ca esperar o nacemento de pitiños? Grazas á Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos (AVIMOS), en colaboración coa Deputación de Lugo, puidemos vivir todo este proceso. Non perdemos detalle das dúas charlas que Monasterio e que, con moita amabilidade, nos explicaron un montón de curiosidades sobre a raza autóctona galega. Moitas grazas por todo a Monasterio e Sandra e ó seu fermoso proxecto!

NOVO RECUNCHO DE DISFRACES NA AULA MAKER

Os disfraces espertan a imaxinación e axudan a mellorar a convivencia. A través da representación de personaxes e o intercambio dos tipos, fomentamos a colaboración, o xogo creativo e a cohesión do grupo.

CHARLA SOBRE CELIAQUÍA

O xoves 25 de abril celebrouse unha charla no salón de actos sobre a enfermidade celíaca, os seus síntomas, problemas que acarrea, orixe, tratamento, etc.

Distribuir contenido